Cociña galega de mercado

Santiago de Compostela

ADEGA

Viños tintos/Iconos T

Estes viños convirten a nosa adega en especial. Viños limitados, de colleitas excepcionais e desexados por coleccionistas. Malia que poden non ser viños con moito tempo en botella, son exemplos das mellores produccións.

  • Artadi Viñas de Gain 2021

  • Bodegas y Viñedos Artadi de Laguardia
  • Álava
  • Tempranillo
  • 51,00 €
  • Bodegas y Viñedos Artadi nace como cooperativa no ano 1985. En 1992, a familia Lacalle colle as rendas e co afán de elaborar viños únicos e orixinais, poñen todo o seu esforzo no cultivo e culto ó viñedo, dando así, maior protagonismo ós viños de parcela. Esto levarálles no ano 2015 a sair da D.O.Ca. Rioja, sen abañado-la elaboración de viños nesta rexión. Viñas sitas en Laguardia e Elvillar, a máis de 450 metros de altitude, solos arcillo-calcáreos, maioritariamente. Envellecido en madeira (12meses en barricas de roble francés). Voluminoso, elegante e cun final vibrante.
  • Castro Candaz 2021

  • Raúl Pérez & Rodrigo Méndez
  • DO Ribeira Sacra
  • Mencía
  • 24,00 €
  • Raúl Pérez e Rodri Méndez elaboran en Chantada este Mencía dunha única parcela de viñedos con máis de 50 anos. Solos de granito e pizarra. Crianza en fudre e barricas durante 12 meses. De producción moi escasa. Viño tinto fluido, complexo e sabroso.
  • Viña Tondonia Rsva. 2011

  • R. López de Heredia
  • DOC Rioja
  • Tempranillo, Garnacha, Graciano, Mazuelo
  • 65,00 €
  • Atemporalidade feita viño. O gran clásico de tódolos clásicos, este Reserva do 2010 pasou ser xa unha iconicidade polo súa anada excelente, unha das de máis calidade da historia da DOC Rioja. Longo envellecemento en barrica e repouso en botella, dúas máximas da emblemática adega López de Heredia ó longo dos seus máis de 145 anos de vida.
  • Marqués de Murrieta 2019

  • Marqués de Murrieta Est.&Wines
  • DOC Rioja
  • Tempranillo
  • 41,00 €
  • Clásico de clásicos. Máis de 160 anos de experiencia no mundo vitivinícola. O seu fundador, Marqués de Murrieta, inspirouse na rexión de Burdeos e as súas técnicas de elaboración para extrapolalas á súa finca de Ygay. 18 meses en barricas de carballo americano. Elegancia, equilibrio e regularidade.
  • San Román 2019

  • San Román
  • DO Toro
  • Tinta de Toro
  • 62,00 €
  • Un icono de Toro. Viñas vellas de 45 anos a unha altitude de 750 metros, con chans pedregosos e arcillosos. 24 meses en barrica de carballo francés e americano, novas e usadas. Madurez contida e froita no nariz. Profundo, elegante e mineral. Longo percorrido e crecemento na botella.
  • El Puntido 2020

  • Viñedos de Páganos
  • DOC Rioja
  • Tempranillo
  • 79,50 €
  • Adega do Grupo Eguren, sita en Páganos, unha pequena población do municipio de Laguardia, na Rioja Alavesa. As súas instalacións teñen a peculiaridade de estar excavada na rocha, xusto embaixo do viñedo. Viño envellecido en madeira agricultura respetuosa. 18 meses en barricas de carballo francés. Viño cuns taninos maduros, unha acidez perfilada e un final longo e elegante.