Cociña galega de mercado

Santiago de Compostela

ADEGA

Viños tintos/Clásicos

Como o seu propio nome indica, velaquí unha escolma de viños clásicos de productores consagrados, con carácter e cun estilo moi definido.

  • Marqués de Vargas Rsva 2018

  • Marqués de Vargas
  • DOC Rioja
  • Tempranillo, Garnacha, Mazuelo
  • 38,00 €
  • Cepas vellas de 30 anos da finca Padrolagar, no corazón do val do Ebro. Crianza de 23 meses en barricas de carballo. Coidadosa selección manual das uvas procedentes de viñedos propios. Agricultura sostible, sen herbicidas nin pesticidas. Viño equilibrado, con presencia de notas de froita madura, especias e chocolate no nariz. Moi ben estructurado e sabroso na boca.
  • Hesvera Crza 2022

  • Bodegas Hesvera
  • DO Ribera del Duero
  • Tinto Fino
  • 29,00 €
  • Crianza clásico con 21 meses en barrica de carballo americano, francés e ibérico. Viñas propias de Tinto Fino dos irmáns Espinosa Rivera en Pesquera de Duero. Entrada amplia en boca, ben estructurado, con boa astrinxencia e moi equilibrado.
  • Enate 2018

  • Enate
  • DO Somontano
  • Merlot
  • 41,00 €
  • Sen dúbida, o viño emblema desta adega. Un "clásico" do Somontano que amosa exuberancia e contundencia. 15 meses de crianza. Amplio, carnoso e tánico.
  • Sierra Cantabria Crza. 2020

  • Sierra Cantabria
  • DOC Rioja
  • Tempranillo, Garnacha, Graciano
  • 25,00 €
  • 14 meses de crianza en carballo francés e americano para este "clásico" Rioja crianza da familia Eguren, familia que se adica ó cultivo da vide dende o ano 1870 fundando a súa propia adega no 1957. Viño equilibrado e amable. Elegancia e harmonía.
  • Jesús Madrazo 2020

  • Bodegas Jesús Madrazo
  • DOC Rioja
  • Tempranillo, Graciano, Garnacha, Mazuela
  • 29,00 €
  • Unha das figuras da enoloxía rioxana, Jesús Madrazo, tras 18 anos en Viñedos de Contino, e un breve paso por El Sacramento, inicia a súa aposta personal en Cuzcurrita. Apenas 10.000 botellas de este gran crianza delicado pero potente, redondo e moi equilibrado. Con potencial para un magnífico envellecemento.
  • Artigas 2020

  • Mas Alta
  • DOC Priorat
  • Garnacha, Cariñena, Cab. Sauvignon
  • 42,50 €
  • Claro exemplo do terruño do Priorat. Viño tinto sabroso, maduro e equilibrado. Envellecido en madeira 16 meses (barrica de roble francés de Allier).