Cociña galega de mercado

Santiago de Compostela

ADEGA

Viños brancos/Viaxeiros

Para quen goste viaxar. Unha brevísima escolla de viños do Vello Mundo.

  • Peter Jakob Kühn Quarzit 2020

  • Peter Jakob Kühn
  • Rheingau
  • Riesling
  • 46,00 €
  • Unha Riesling típica do Rheingau, mineral, suculento e cunha acidez vibrante. Unha delicia para os amantes dos brancos de alta calidade. Para beber agora ou gardar 10 anos máis.
  • Cazas Novas Pure 2020

  • Cazas Novas
  • DOC Vinho Verde
  • Avesso
  • 23,00 €
  • A familia Cunha Coutinho rexenta unha increíble propiedade en Santa Marinha do Zézere, na rexión de Vinho Verde, dende hai 7 xeracións. Os seus viñedos centenarios producen unha única variedade, aquela que representa a autenticidad da zona: a Avesso. Aromas de froita, bo volume, intensidade e persistencia no final de boca.
  • KÜNSTLER RIESLING TROCKEN 2022

  • Weingut Künstler
  • Rheingau
  • Riesling
  • 32,00 €
  • Tra-la II Guerra Mundial, Frank Künstler instálase nunha das zonas máis afamadas da variedade Riesling, en Hockenheim (Rheingau) para elaborar viños de calidade e carácter único. Hoxe, o seu fillo Gunter Künstler continua esta tradición familiar acadando que a adega entre na VDP (Asociación Alemana de viños de Calidade Superior). Viño aromático, vibrante, equilibrado e mineral. Acidez refrescante.
  • Dureuil Janthial Rully Blanc 2020

  • Domaine Vincent Dureuil-Janthial
  • AOC Rully
  • Chardonnay
  • 68,00 €
  • Monovarietal de chardonnay elaborado polo Domaine Dureuil Janthial baixo a A.O.C. Rully na Borgoña. Biodinámico e ecolóxico. Envellecido en madeira (12 meses en barricas de carballo francés). Cremoso e delicadamente mineral.
  • Arinto dos Açores 2023

  • António Maçanita
  • DO Pico
  • Arinto dos Açores
  • 48,00 €
  • Viaxamos á illa de Pico, a segunda maior do arquipélago portugués de Azores, onde se atopa a montaña de máis altitude do país, precisamente, Pico con 2.351 m. de altitude. Variedade autóctona exclusiva desta illa. Terreo volcánico ós pés do Océano Atlántico. Os fortes e salgados ventos regalan este auténtico, único e mineral viño.
  • Léon Beyer Gewurztraminer 2021

  • Léon Beyer
  • AOC Alsacia
  • Gewurztraminer
  • 30,00 €
  • Este viño nace das pequenas viñas de Eguisheim (Alto Rin) e é elaborado por Léon Beyer, un dos vinicultores míticos desta zona. Minucioso control no campo, onde a uva se vendimia a man. Viño expresivo e doado de disfrutar.
  • Markus Molitor Haus Klosterberg 2022

  • Markus Molitor
  • Mosel
  • Riesling
  • 26,00 €
  • 8 xeracións de adegueiros. O derradeiro en coller as rendas, Markus Molitor, pónse á fronte da adega familiar no ano 1984 cando tan só tiña 20 anos. Riesling fresco e mineral, con froita e ben equilibrado.
  • L. Latour Chablis La Chanfleure 2022

  • Maison Louis Latour
  • AOC Chablis
  • Chardonnay
  • 49,00 €
  • A Chanfleure é a máxima expresión da Chardonnay que nace nas famosas lombas de Chablis, a medio camiño entre Dijon e París. Un branco perfumado, alegre e limpio.