Cociña galega de mercado

Santiago de Compostela

ADEGA

Viños brancos/Monovarietais

Son os viños que representan perfectamente a tipicidade de cada caste, xenuina no seu correspondente terroir.

  • Ola 2023

  • Lagar de Pintos
  • DO Rías Baixas
  • Albariño
  • 23,00 €
  • A Albariño é unha variedade á que lle gusta o granito e o Océano Atlántico, e neste hábitat alcanza a súa máxima expresión. Lagar de Pintos, adega emblemática nas Rías Baixas, elabora en exclusiva para O Curro da Parra este monovarietal a partir de viñedos de 25/30 anos de idade, prácticamente ó nivel do mar.
  • Martín Códax Lías 2020

  • Martín Códax
  • DO Rías Baixas
  • Albariño
  • 32,00 €
  • Selección das mellores lías finas entre tódolos depósitos da adega. Éstas utilízanse para os battonages, que duran dous meses, polos que pasa Martín Codax Lías. Finalmente, efectúa unha crianza de dez meses en depósito de acero inoxidable. As lías, que permanecen en reposo, aportan redondez e mais equilibrio.
  • Arousa 2021

  • Martín Codax
  • DO Rías Baixas
  • Albariño
  • 35,00 €
  • Selección de viñedos prantados a pé do mar da ría de Arousa, na desembocadura do río Umia. Mineralidade e salinidade marcada pola súa ubicación e os chans graníticos. Albariño persistente e profundo.
  • María Manuela 2022

  • María Manuela
  • DO Rías Baixas
  • Albariño
  • 31,50 €
  • Proxecto de enoturismo nas Ribeiras do Ulla. Albariño de unha única parcela. Suave, fresco e con froita. Fai 7 meses de crianza en depósitos de aceiro.