Cociña galega de mercado

Santiago de Compostela

ADEGA

Viños brancos/Clásicos

Como o seu nome indica, velaquí unha escolma de viños clásicos de productores galegos consagrados, con carácter e cun estilo moi definido.

  • Pezas da Portela 2023

  • Bodegas Valdesil
  • DO Valdeorras
  • Godello
  • 69,00 €
  • Un monovarietal de Godello complexo e elegante, representativo de Valdeorras. A uva procede de viñedos moi vellos de máis de 50 anos de idade ubicados en 11 pequeños predios a uns 500m de altitude. As cepas están prantadas sobre ladeiras de solos pizarrosos. Crianza en barrica de 6 meses.
  • Zárate 2023

  • Zárate
  • DO Rías Baixas
  • Albariño
  • 26,00 €
  • No corazón do val do Salnés, entre os concellos de Meaño e Ribadumia, érguese unha das adegas máis emblemáticas das Rías Baixas. Vendimia manual e selección de uva na parcela. Viño fresco, mineral, de acidez vibrante e que resalta tódolos aromas primarios da variedade Albariño.
  • Lagar de Pintos 2023

  • Lagar de Pintos
  • DO Rías Baixas
  • Albariño
  • 24,00 €
  • Dende 1887. Nesta adega de Ribadumia, corazón do Salnés, a familia Castro-Pintos, elabora o seu buque insignia con uva Albariño procedente dos seus sete predios. Viñedos de 40 anos conducidos en emparrado. Solos graníticos e arenosos. Prototipo de Albariño deste val do Salnés.
  • Coto de Gomariz 2023

  • Coto de Gomariz
  • DO Ribeiro
  • Treixadura, Godello, Loureira, Albariño
  • 25,00 €
  • No corazón do Ribeiro, en Leiro, no val do Avia, atópase, o coto vitícola máis antigo da Península Ibérica (século X). Variedades autóctonas recuperadas nos anos 70 traballadas hoxe en viticultura natural. Viño redondo, expresivo e estructurado.
  • Formigo 2023

  • Adega Manuel Formigo
  • DO Ribeiro
  • Treixadura, Albariño, Loureira, Godello, Torrontés
  • 21,00 €
  • Viño branco que amosa a esencia da xuventude e frescura. Lixeiro, refrescante e salino. Manuel Formigo, "colleiteiro" de Beade, traballa as variedades autóctonas dos seus viñedos de maneira sostible. Solos graníticos con vides de entre 20 e 40 anos.
  • Eidos Ermos 2023

  • Luís Anxo Rodríguez
  • DO Ribeiro
  • Albariño, Treixadura, Torrontés, Lado
  • 25,00 €
  • Eidos Ermos é un coupage de variedades autóctonas procedentes de viñedos novos deste val do Avia. Luís Anxo Rodríguez dirixe esta pequena adega con 29 predios de terreos areoso-silíceos de ladeira. Viticultura de baixos rendimentos, manual e respetuosa co medio ambiente.
  • Guímaro 2023

  • Adegas Guímaro
  • DO Ribeira Sacra
  • Godello, Treixadura, Torrontés, Loureiro, Albariño
  • 24,00 €
  • Maiormente Godello, leva un 25% doutras variedades brancas autóctonas. Uvas todas elas que proceden de parcelas situadas na zona de Amandi, en ladeiras escarpadas a 300 e 500 metros de altitude. Permanence 6 meses coas súas lías. En definitiva, un branco elegante con moito carácter.
  • Do Ferreiro 2023

  • Gerardo Méndez
  • DO Rías Baixas
  • Albariño
  • 26,00 €
  • As adegas Gerardo Méndez elaboran "Albariños" dende 1850 e fóronse adaptando ós novas tempos sen perde-las raíces da cultura popular. As uvas utilizadas proceden de viñedos propios novos de entre 5 e 12 anos. Viño sinxelo, mais cunha expresión franca e directa da variedade Albariño.
  • Alanda 2021

  • Quinta da Muradella
  • DO Monterrei
  • Dona Branca, Godello, Treixadura
  • 51,00 €
  • José Luis Mateo é unha personaxe clave no rexurdimento dos viños de Galicia: viticultor de culto, respetuoso coa tradición e a terra, vigneron apaixonado, recuperador de variedades, etc. Alanda 2018 é un ensamblaxe de uvas autóctonas elaborado en depósitos de inoxidable sen fermentación maloláctica. Ensina un perfil super atlántico cunha acidez precisa.
  • Adega do Moucho 2019

  • Adega do Moucho
  • DO Ribeiro
  • Treixadura, Albariño, Loureira, etc
  • 67,00 €
  • Treixadura (90%) e pequeno coupage de Albariño, Loureira, Godello e Caiño (10%) que crecen nun dos derradeiros viñedos urbanos que perviven en Ribadavia. Aquí, onde reina a Treixadura , Adega do Moucho nace no ano 2000 da man de José Manuel Martínez Juste (enólogo) e Francisco García Pérez (colleiteiro). Vino fino e moi característico da zona. Crianza sobre lías en barricas de carballo Alier, Nevers e Hungaro durante 8 meses. Producción limitada (3000 botellas).